Intel designa novo director xeral
mércores, 12 de marzo do 2025
Os malos momentos que está a vivir Intel levou á corporación a apartar ao seu director xeral en decembro, e agora anuncian que o seu consello de administración nomeou a Lip-Bu Tan como conselleiro delegado, cargo do que tomará posesión o 18 de marzo. Collerá a remuda de David Zinsner e Michelle Johnston Holthaus, que estaban a compartir a dirección xeral da empresa de xeito interino. Tan tamén se reincorporará ao consello de administración de Intel despois de deixar o cargo en agosto de 2024.
Zinsner continuará como vicepresidente executivo e director financeiro, mentres que Johnston Holthaus seguirá á cabeza de Intel Products. Frank D. Yeary, que asumiu o papel de presidente executivo interino do consello durante a busca dun novo director xeral, volverá ao seu cargo de presidente independente do consello unha vez que Tan asuma o seu novo posto.
Tan é un investidor tecnolóxico de longa traxectoria e un executivo amplamente respectado, con máis de 20 anos de experiencia nos sectores dos semicondutores e o software, asà como fortes conexións dentro do ecosistema de Intel. Foi director xeral de Cadence Design Systems entre 2009 e 2021, onde liderou unha reinvención da compañÃa e impulsou unha transformación cultural baseada na innovación centrada no cliente, con grandes resultados para a compañÃa.
Tamén é socio xestor fundador de Walden Catalyst Ventures e presidente de Walden International. Ten unha ampla experiencia en consellos de empresas cotizadas en bolsa e actualmente forma parte dos consellos de Credo Technology Group e Schneider Electric.
Tan ten unha licenciatura en fÃsica pola Universidade Tecnolóxica de Nanyang, en Singapur, un mestrado en enxeñarÃa nuclear polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e un MBA pola Universidade de San Francisco. En 2022, recibiu o premio Robert N. Noyce, a máis alta distinción da Asociación da Industria de Semicondutores.