Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores de AtlantTIC, premiados polas súas achegas ás comunicacións por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores de AtlantTIC, premiados polas súas achegas ás comunicacións por satélite

Redacción
Publicado: 01/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_premio_detalle.jpgAtlantTIC, centro de coñecemento e investigación nas novas tecnoloxías da Universidade de Vigo, vén de obter unha nova e importante distinción ao traballo dos seus integrantes. Máis polo miúdo, o recoñecemento vén da man do congreso ASMS/SPSC2014 (dúas conferencias simultáneas do ámbito internacional centradas nas comunicacións máis avanzadas), onde se valorou moi positivamente un traballo de investigación realizado por Alberto Rico, Jesús Arnaú e Carlos Mosquera. Todos eles integrantes do grupo GPSC de AtlantTIC. Recibiron a distinción Best Paper Award entre 60 achegas presentadas.
Segundo lembran fontes de AtlantTIC, os autores do traballo (titulado Balancing Closed and Open Loop CSI in Mobile Satellite Link Adaptation) xa recibiran un premio semellante por unha investigación previa nesta mesma liña. Foi no congreso de referencia americano sobre comunicacións por satélite, o AIAA International Communications Satellite Systems Conference celebrado en Canadá en 2012.
A contribución agora recoñecida salienta por establecer unha metodoloxía para optimizar a eficiencia da comunicación por satélite, e lévao a cabo mediante un dispositivo móbil específico. Segundo explica Carlos Mosquera, a idea é habilitar tecnoloxías precisas para permitir a evolución e o desenvolvemento das comunicacións por satélite. “Estas”, sinalou, “van moito máis alá da difusión de canles de televisión; é o caso, por exemplo, das comunicacións móbiles, marítimas ou o acceso a Internet”. No congreso, engadiu, amosáronse propostas para manter o progreso tecnolóxicos en todos estes ámbitos.
Segundo fai saber AtlantTIC ASMS/SPSC é o evento de comunicacións por satélite de referencia en Europa. O evento reúne a expertos da Axencia Espacial Europea (ESA) e outros socios europeos nas comunicacións avanzadas por satélite para discutir sobre o futuro destas comunicacións. A edición pasada foi organizada por AtlantTIC en Baiona (Pontevedra, Galicia) e a deste ano levouse a cabo en Livorno (Toscana, Italia).
Polo que respecta á traxectoria dos autores da proposta premiada, sinalar que Carlos Mosquera leva anos traballando coa Axencia Espacial Europea (ESA) e publicando neste ámbito, Jesús Arnaú ficou como consultor durante tres meses na sede da ESA en Noordwijk (Países Baixos) “de onde saíron interesantes resultados que serviron como motivación para este traballo”, apuntan fontes de AtlantTIC. Alberto Rico, pola súa parte, defendeu recentemente a súa tese de doutoramento e acábase de incorporar a Qualcomm (San Diego, California), “unha das maiores empresas mundiais de comunicacións móbiles e por satélite”. O equipo está a preparar unha versión estendida da proposta recoñecida para unha revista científica do ámbito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?