Jazztel permite conectarse á súa rede privada de datos mediante conexións 3G de Vodafone

venres, 20 de xullo do 2007

Jazztel Empresas lanzou ó mercado o acceso 3G (tanto UMTS coma HSDPA, da man de Vodafone) para a súa rede privada de datos (I2P), o que beneficiará especialmente ós empregados móbiles corporativos, xa que contarán cun acceso máis rápido e eficiente á información da súa empresa.
Con esta nova solución os clientes empresariais de Jazztel poderán establecer comunicacións de ata 3,6 Mbps de descarga e 384 Kbps de subida cando se conecten ás súas redes corporativas dende o móbil (ou portátil co adaptador correspondente).

PUBLICIDADE