Joost probará a emisión de televisión en directo en 2008

xoves, 11 de outubro do 2007

Joost anunciou que vai probar a emisión de programas de televisión en directo a través da súa plataforma de vídeo baixo demanda para o primeiro trimestre de 2008, o que podería servirlle para aproveitar o atractivo das retransmisións deportivas en vivo, aínda que recoñecen que se atopan cuns prezos de explotación deste tipo de contidos que supoñen todo un atranco para esta nova característica que podería dar o pulo definitivo a este tipo de servizos de emisión a través da Internet.

PUBLICIDADE