Juanjo Montiel, enxeñeiro sénior de Microsoft, inaugura o Ciclo de Cultura CientÃfica
luns, 13 de maio do 2024
Será este xoves, 16 de maio, cando a compostelá Cidade da Cultura acolla o Ciclo de Cultura CientÃfica da Xunta de Galicia, protagonizado por Juanjo Montiel Pérez, enxeñeiro sénior de software de Microsoft que achegará unha ollada desde a discapacidade e a plena integración da tecnoloxÃa na conferencia TecnoloxÃa: inclusión ou exclusión... dúas letras e unha vida de diferenzas.
Indo ao relator, dicir que Juanjo Montiel Pérez é invidente desde o seu nacemento, adÃcase desde 2007 de xeito profesional a crear aplicacións accesÃbeis tanto web como de escritorio. Moitas delas teñen o obxectivo de facer máis doada a vida das persoas con discapacidade visual, dende permitirlles conxuntar a roupa, como descargar libros de xeito accesÃbel ou participar en xogos de rol, entre outros.
O seu talento valeulle en 2017 o premio Most Valuable Professional de Microsoft, outorgado pola multinacional ás persoas máis salientábeis nas comunidades técnicas que comparten os seus coñecementos e lideran cambios.
Na conferencia do xoves, Juanjo Montiel afondará en como a tecnoloxÃa pode ser un aliado ou un obstáculo, cando non se emprega con sentid. Desde unha óptica do deseño universal das ferramentas tecnolóxicas achegará numerosos recursos accesÃbeis prácticos, sinxelos e ao alcance de calquera persoa para desenvolver as tarefas máis habituais, como mercar un billete de transporte ou a unha aplicación de móbil, nas que moitas veces as persoas invidentes atopan problemas.
O relatorio poderá seguirse de maneira presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura de Santiago), de 18 a 19:30 h, e tamén será retransmitida en streaming na canle de YouTube da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Baixo o tÃtulo TecnoloxÃa con sentidiño, o Ciclo de Cultura CientÃfica da Xunta chega ao seu ecuador, tras as conferencias de Héctor RuÃz MartÃn, Espido Freire e José César Perales. O 28 de maio, Javier Saéz de los Terreros (responsábel da comunicación dixital do Museo do Prado en Madrid), descubrirá aos asistentes como achegar a tecnoloxÃa cara a un público que non visita os museos co relatorio Estratexias de comunicación dixital. As redes sociais do Museo do Prado.
O 4 de xuño será a quenda de Francisco Bellas Bouza (investigador e especialista en Intelixencia Artificial do CITIC da Universidade da Coruña e do Centro de Innovación Educativa e Dixital) quen abordará o impacto das novas tecnoloxÃas na sociedade con Educación na era da Intelixencia Artificial: vaiamos amodo.
Para rematar, a última conferencia desenvolverase o 11 de xuño, da man de LuÃs Sánchez Santos (profesional sanitario do SERGAS), quen achegará unha visión desde a pediatrÃa e as Ciencias da saúde co relatorio Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxÃa.
Engadir que o ciclo está dirixido ao público en xeral, comunidade educativa e aos docentes. O profesorado asistente ao ciclo completo recibirá un certificado de 12 horas de formación do profesorado. Coas charlas configurarase un libro, cun artigo especÃfico para cada unha delas.