LG Philips pasará a chamarse LG Display
martes, 12 de febreiro do 2008
O fabricante de pantallas surcoreano LG Philips
asegurou este martes que cambiará
o seu nome a LG Display, estando
esta decisión pendente da aprobación por parte da xunta anual de accionistas da
empresa o vindeiro 29 de febreiro.
Actualmente a compañÃa, froito da colaboración entre Philips e LG Electronics, está
a vivir un cambio de liderado, que pasará a mans de LG, empresa que conserva o
37,9% das súas accións, mentres que Philips reduciu a súa participación ata un
19,9%.