La Sexta podería estar probando un sistema de vídeo á carta
mércores, 6 de xuño do 2007
Dende Menéame
publican un apartado privado da web
sondea.com no que supostamente se estarían a realizar probas de vídeo á carta cos contidos de La Sexta. Este descubrimento está
a captar certa atención, rumoreándose que a canle privada podería querer lanzar
un servizo
de pago no que acceder ós seus informativos e ós seus programas de produción
propia, aínda que ben se podería tratar dunha plataforma de balde que
permitiría á canle unha nova vía para chegar ós espectadores que estean fóra da
súa cobertura ou que non teñan adaptado as súas antenas de televisión.
Rumores aparte parece unha boa nova ver cómo as televisións tradicionais
comezan a ter en conta a Internet nas súas estratexias de futuro.
