LabEmprende (LaCaixa) fai esta semana unha parada en Rianxo

martes, 1 de agosto do 2023 S. P.

A xira LabEmprende da Fundación LaCaixa vai recalar esta semana en Rianxo, concretamente os días 3 e 4 de agosto, na praza de Castelao, en horario de mañá e de tarde (até as 20.30 horas). Trátase dun laboratorio de emprendemento itinerante no que se propoñen obradoiros para reflexionar e profundar sobre o feito de emprender. Porase o foco en divulgar contidos entre a rapazada e a mocidade, a través do número de teléfono 900 101 493 e a conta info@labemprende.com.
LabEmprende é un espazo innovador ao servizo da educación e a formación da xente nova no eido do emprendemento que viaxa por todo o territorio galego e estatal, após a experiencia e o éxito do espazo en CaixaForum Barcelona.
As persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora. O laboratorio é un autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade.
A iniciativa está dirixida a grupos de estudantes de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente, aínda que poden participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en ciclos formativos para maiores de 18 años e de escolas de adultos, así como grupos familiares.
O persoal de dinamización adaptará os recursos do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito autónomo en caso de visitas libres de familias e xente nova.