Mal comezo da Amazon Appstore para Android
martes, 22 de marzo do 2011
Onte
chegou o xogo Angry Birds Rio á App
Store, de xeito que estaba dispoñible para usuarios de terminais con iOS, pero
os usuarios de móbiles con Android, afeitos a gozar desta saga, terÃa que
agardar ao lanzamento da Amazon Appstore, plataforma que
distribuirÃa en exclusiva o novo xogo de Rovio para dispositivos Android, o
que pretendÃa servir de reclamo para que os usuarios destes trebellos
instalares a nova tenda de aplicacións de Amazon, o que finalmente converteuse
nunha experiencia frustrante para moitos, pois, tras o lanzamento da Amazon
Appstore e ver que o novo xogo dos Angry
Birds podÃa descargarse de balde por tempo limitado, atopaban que non era
posible completar a compra por estar
bloqueada a nova tenda de aplicacións para usuarios de fóra de EE.UU. e Reino
Unido.
Temos asà que os usuarios europeos de móbiles con Android ven como tras localizar a nova tenda de aplicacións
(o que non é doado), instalala, darse de alta como usuarios de Amazon (se aÃnda
non o son) e intentar descargar algunha aplicación, atopan unha mensaxe de erro
na se asegura que «A Amazon Appstore para
Android aÃnda non está dispoñible na túa rexión». Un grande fallo por parte
dunha plataforma que aspira a ser unha alternativa fiable ao Android Market, pois Amazon terá unha polÃtica de
aprobación de aplicacións, de xeito que someterÃa aos contidos publicados a
certo control, como fai a tenda de aplicacións de Apple, o que deberÃa evitar a
proliferación de software perigoso como aconteceu nos últimos meses na tenda de
descargas de Google.
A
Amazon Appstore nace con 3.500 aplicacións, que destacan por ter unha calidade
superior á media do que podemos ver no Android Market, e vai contar con
numerosas aplicacións de balde a través de promocións diarias, o que axudará a
potenciar esta tenda de aplicacións e a algúns desenvolvementos que acadan asÃ
certa visibilidade.
Os comezos da Amazon Appstore tamén está a ter problemas legais, pois o
pasado dÃa 18 Apple presentou unha demanda contra Amazon por violación de marca
(non esquezamos que a tenda de aplicacións para iOS chámase App Store) e por
competencia desleal, o que poderÃa rematar en nada, pois Apple aÃnda non ten
ratificada tal marca, por estar recorrida por considerarse que é un termo
xenérico (App Store significa
literalmente tenda de aplicacións),
aÃnda que non pode dubidarse que o lanzamento desta nova plataforma de Amazon
pode causar confusión co produto de Apple.