MasOrange e Vodafone España queren compartir rede de fibra
mércores, 24 de xullo do 2024
MasOrange e Vodafone España anuncian hoxe a sinatura dunha carta de intencións confidencial non vinculante que establece os principais termos propostos para un acordo de uso compartido de redes a nivel estatal.
O posible acordo suporá a creación dunha sociedade de rede de fibra compartida que dará cobertura aproximadamente a 11,5 millóns de instalacións en España e proporcionará acceso a servizos de fibra óptica de MasOrange e Vodafone España. As partes teñen a intención de incorporar un terceiro investidor no capital da nova entidade de fibra.
Aseguran que a nova sociedade beneficiará aos clientes de ambos operadores, ao garantir asà o acceso á rede de fibra óptica máis avanzada, ofrecendo mellor calidade e permitindo unha adopción rápida das novas tecnoloxÃas, ao tempo que estimulará o investimento e a innovación.
A operación está suxeita ao acordo final entre as partes e ás autorizacións regulatorias pertinentes.
Dende o diario Expansión aseguran que o novo operador de fibra, coñecido internamente como Surf, terÃa un valor de entre 7.000 e 10.000 millóns de euros, e a intención das partes é que MasOrange quede co 50% das participacións da sociedade, Vodafone España co 10% e un terceiro investidor o 40%, o que suporÃa unha inxección económica para os operadores, que asà poderÃan reducir a súa débeda.