Mediapro terá unha nova canle de TDT en aberto antes de rematar o ano
venres, 12 de marzo do 2010
O concelleiro delegado de La
Sexta, José Miguel Contreras, informou que Mediapro
xa ten perfilado o 80% da programación da plataforma de pagamento
que porá en marcha cando reciba un múltiplex completo tras o apagamento dixital
de abril.
Tamén confirmou que para
finais de ano lanzarán unha segunda canle de TDT en aberto.