Medra a audiencia da TDT en Galicia

luns, 2 de xuño do 2008

A Televisión Dixital Terrestre está avanzando polo territorio galego, que xa superou o 28,8% de penetración nos fogares, pero aínda non afectou de xeito importante ao impulso do seu uso pois en abril a cota de pantalla da TDT en Galicia era só do 9,1%, pero a cousa parece que está a cambiar, pois en maio pasou ao 11,1% de share, chegando a superar a comunidades coma Euskadi e Aragón.
Tamén é significativo que as televisións locais de Santiago de Compostela iniciasen xa o salto á televisión dixital.

PUBLICIDADE