Medra un 35% a edición de e-books en España
mércores, 10 de febreiro do 2010
A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, anunciou hoxe no pleno do Congreso dos Deputados en resposta a unha pregunta do deputado socialista Torres Mora sobre a situación do sector do libro no contexto de crise actual que a edición de libros en soporte electrónico incrementouse un 35% en 2009, no que asegura que responde á «ambición innovadora» do sector.