Melide acollerá unha xornada sobre software libre
martes, 20 de maio do 2008
O vindeiro sábado ás 18:00 horas terá lugar a I
Xornada de divulgación de Software Libre en Melide, un evento
organizado a título persoal por Rafael Rodríguez Gayoso e Jorge Lama Varela co
que pretenden difundir o software libre mediante unha charla introdutoria, un coloquio e un taller.
O evento é de entrada gratuíta, e está aberto a calquera persoa interesada,
animándose aos asistentes a asistir co seu propio ordenador portátil para
probar as aplicacións das que se fale.
