Melloran a velocidade das redes EDGE mediante unha actualización do seu software

venres, 28 de marzo do 2008

Nokia Siemens Networks anunciou que xa conta cunha actualización do software co que funcionan as redes de telefonía EDGE (empregado por terminais coma o iPhone, e que se considera coma telefonía 2,5G) acelerando as descargas ata chegar ós 592 Kbps que, aínda que está lonxe das velocidades das redes 3G, mellora os 210 Kbps que de media acadan as redes EDGE actuais.

PUBLICIDADE