Melloran os beneficios de Nokia

venres, 3 de agosto do 2007

Nokia mellorou o seu beneficio neto do segundo trimestre do ano un 148% con respecto ó mesmo período de 2006, acadando os 2.828 millóns de euros. A facturación da empresa finlandesa acadou os 22.443 millóns de euros, grazas a un importante incremento nas vendas das súas divisións multimedia (35%) e de solucións empresariais (87%) mentres que a división de móbil reduciu lixeiramente as súas vendas (un 2%).

PUBLICIDADE