Melloras as vendas de PC co lanzamento de Windows 7
mércores, 4 de novembro do 2009
Un estudo de NPD Group sostén que durante a penúltima semana do mes pasado (que incluíu varios días co Windows 7 á venda) incrementáronse as vendas de equipos informáticos un 40% con respecto ao mesmo período do ano anterior, polo que podería confirmarse que coma vén sendo habitual, as novas versións de Windows disparan a venda de ordenadores, aínda que é demasiado cedo para sacar conclusións (pois tamén indican que nos días anteriores ao lanzamento de Windows 7 as vendas contraéronse).