Meta amplía as proteccións para a mocidade nas súas plataformas sociais

martes, 8 de abril do 2025 Redacción

Meta anunciou novas medidas para protexer os adolescentes nas súas plataformas, coa ampliación das Contas para Adolescentes (Teen Accounts) a Facebook e Messenger, despois dos bos resultados acadados en Instagram. Estas contas contan con proteccións automáticas integradas que limitan quen pode contactar cos menores e o tipo de contido ao que teñen acceso.
Entre as novas medidas anunciadas destacan que os mozos menores de 16 anos non poderán facer directos en Instagram Live sen permiso dos seus proxenitores, e tamén precisarán autorización para desactivar a función que emborroa automaticamente imaxes con posible contido sexual nas mensaxes directas.
Meta comezará a implementar estas contas en Facebook e Messenger, inicialmente nos Estados Unidos, Reino Unido, Australia e Canadá, para pasar logo progresivamente a outros territorios.