Meta reforza a súa aposta pola intelixencia artificial
luns, 30 de xuño do 2025

- Mark Zuckerberg lucindo as novas lentes de Oakley que integran a intelixencia artificial de Meta
Mark Zuckerberg vén de anunciar unha reestruturación profunda da división de intelixencia artificial de Meta coa creación dos Meta Superintelligence Labs, un novo grupo centrado no desenvolvemento de sistemas de IA superintelixentes, capaces de realizar tarefas ao nivel ou mesmo mellor ca os humanos. O obxectivo, segundo declarou nunha mensaxe interna aos empregados, é que Meta lidere esta nova era tecnolóxica.
O novo laboratorio estará dirixido por Alexandr Wang, fundador e ex-CEO da startup Scale AI, que pasará a ser o chief AI officer da compañÃa. Zuckerberg cualificouno como «o fundador máis impresionante da súa xeración». Xunto a el estará Nat Friedman, ex-CEO de GitHub, que codirixirá o grupo centrado nos produtos e na investigación aplicada en IA.
A medida forma parte dunha estratexia máis ampla na que a IA pasou a ser a prioridade número un para Zuckerberg este ano, nunha carreira directa con OpenAI e Google. Meta está a investir fortemente tanto en infraestrutura (como centros de datos e chips especializados) como en talento e adquisicións. Só este mes, a compañÃa investiu 14.300 millóns de dólares en Scale AI, formalizando asà a fichaxe de Wang.
Meta tamén mantivo conversas para adquirir outras empresas punteiras como Perplexity AI, Runway AI e PlayAI, esta última centrada na reprodución de voces mediante IA.
Entre os novos fichaxes destacan perfÃs de alto nivel procedentes de OpenAI, Anthropic, Google e DeepMind. A lista inclúe nomes como Jack Rae, Pei Sun, Jiahui Yu, Shuchao Bi, Shengjia Zhao, Hongyu Ren e Joel Pobar, este último cunha longa traxectoria previa en Meta.
«O ritmo do progreso en IA está a acelerar, e o desenvolvemento da superintelixencia xa se albisca no horizonte. Creo que este será o inicio dunha nova era para a humanidade», escribiu Zuckerberg, asegurando o seu compromiso persoal para que Meta lidere este avance histórico.
