Metal Gear Solid 4 poderÃa saÃr para Xbox 360
mércores, 15 de outubro do 2008
Un voceiro de Konami, Yoshitaka Arai, recoñeceu para a publicación nipona Morningstar que «a demanda global por unha versión para Xbox 360 (do xogo Metal Gear Solid 4) e bastante elevada, e é algo que estamos a analizar», incrementando os rumores de que o xogo de Hideo Kojima poderÃa deixar de ser exclusivo para a PlayStation 3, continuando a racha de exclusividade que perde Sony nos últimos meses e confirmando que os estudos independentes non teñen outro remedio que facer desenvolvementos multiplataforma para rendibilizar as súas creacións.