Microsoft patenta un filtro anti-tacos
luns, 27 de outubro do 2008
O uso de palabras malsoantes
pode ser unha práctica da que os pais non queiran que os seus cativos sexan
testemuña, de aí que Microsoft patentou un sistema
que censuraría os tacos en conversas de voz a través da Internet, o
que se podería aplicar a xogos en liña, o que os faría máis aptos para todos os
públicos.
O sistema recoñecería as palabras indesexables e as transformaría en sons
inintelixibles, aínda que non se sabe cando ten pensado a compañía de Redmond
levar este tipo de sistema á práctica.
