Microsoft xa vendeu preto de 1 millón de Zunes nos EE.UU.
martes, 29 de maio do 2007
O presidente da división de lecer e dispositivos de Microsoft, Robbie Bach, afirmou nunha entrevista para o San Francisco Chronicle que en xuño terÃan vendido un millón de unidades de reprodutores multimedia Zune, de xeito que se farÃan co 10% do sector dos reprodutores con disco duro en EE.UU., o que indica un éxito importante para un mercado dominado por Apple, aÃnda que dende Microsoft admiten que non acadaron o pulo social que buscaban grazas ás posibilidades de compartición de ficheiros mediante Wi-Fi.