Mobispine achega o MMS ao iPhone

venres, 21 de novembro do 2008

Unha das principais eivas do iPhone 3G é a ausencia do soporte para mensaxes multimedia, o que Mobispine corrixe cunha aplicación oficial que permite empregar o teléfono para enviar e recibir MMS, facilitando o envío de fotografías e temas musicais dende un móbil.
Polo momento a compañía decidiu comercializar a súa solución de MMS a través de Telia Sonera, agardándose que outras operadoras se sumen a esta iniciativa.

PUBLICIDADE