Moitos usuarios están a ter problemas tralo incremento de velocidade das súas conexións de ADSL
mércores, 3 de setembro do 2008
Telefónica está a comezar a duplicar a velocidade de liñas ADSL de xeito selectivo, pero esta operación parece que está a provocar problemas aos usuarios, que dende os foros de Internet protestan dicindo que levan varios días con navegación lenta ou a imposibilidade de cargar certas páxinas web, o que parece que se agravou dende a noite do luns, o que contrasta co anuncio da operadora que aseguraba que xa medio millón dos 1,3 abonados que pasarán de 3 a 6 Mbps gozan da nova velocidade de acceso, e negaba a existencia de incidencias.