Mostra de curtas e relatorio sobre o futuro de blogs en Santiago
luns, 6 de outubro do 2008
O Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela acollerá mañá a exhibición de todas as curtametraxes presentadas este ano ao concurso “Curtas na Rede” que organiza a Secretaría Xeral de Comunicación e o Consello da Xuventude de Galicia. As xornadas, poderán seguirse tamén desde os telecentros de comunicación de Arzúa, Santa Comba, Carballo, Monterroso, Carballiño, Lalín, Vilagarcía e Tui.
No marco destas xornadas, destaca a intervención de Pedro J. Romero, ás 18:00 horas, que falará sobre o futuro dos blogs e sobre o videoblog.