Movistar cobrará as consultas de saldo ós usuarios de prepago

venres, 1 de febreiro do 2008

FACUA-Consumidores en Acción alerta de que a partir do vindeiro día 18 Telefónica Móviles cobrará ós usuarios con tarxetas de prepago 0,15 euros + IVE cada vez que consulten o seu saldo por teléfono.
Dende a asociación de consumidores critican a decisión da compañía por considerar que supón un recorte nos dereitos dos usuarios co obxectivo de incrementar os seus ingresos.

PUBLICIDADE