Movistar comeza a vender o Nokia N900

mércores, 3 de febreiro do 2010

O Nokia N900 ten a honra de ser o primeiro móbil do mercado en contar cunha versión oficial de seu do navegador web Firefox, e aínda que polo momento só podía mercarse a través de Vodafone e R, a partires deste mes tamén será Telefónica quen comercialice este terminal contratando unha tarifa plana de datos e cun compromiso de permanencia de 24 meses, con prezos diversos (custando 169 euros con portabilidade a un Planazo de 19,90 euros/mes + Internet no móbil a 10 euros/mes).

PUBLICIDADE