Movistar confirma oficialmente que venderá o iPhone en España

mércores, 4 de xuño do 2008

Despois de que se filtrara á web o micrositio de Movistar para presentar o iPhone no mercado español, a operadora veuse forzada a confirmar oficialmente cunha breve nota de prensa que será a compañía que traerá en exclusiva o novo iPhone a España.
A nova só concreta que Telefónica asinou un acordo de comercialización do iPhone para este ano, non detallándose máis detalles como a data de lanzamento ou as prestacións do móbil (que supostamente contaría con conectividade 3G).

PUBLICIDADE