Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar migra á fibra aos clientes de ADSL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar migra á fibra aos clientes de ADSL

Redacción
Publicado: 25/04/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Telefónica quere revolucionar o mercado das tarifas converxentes polo que vén de lanzar unha serie de novidades para acadalo no seu catálogo Movistar Fusión, oferta integrada que arestora conta con máis de 3 millóns de usuarios e suma máis de 11 millóns de accesos. Entre os cambios aplicados máis salientables cómpre destacar a migración dos clientes con modalidades de Fusión con ADSL ata 10 Mpbs á nova rede de fibra, unha rede que segundo informa Telefónica está “presente cada vez en máis fogares e empresas” e que “será quen de rematar o ano con 10 millóns de unidades inmobiliarias (UU.II.) en cobertura, ao redor da metade do total da poboación”.
Esta novidade, que é de balde, posibilitará un acceso de 10 Mbps reais sobre a rede fixa “máis rápida e potente no mercado”, engade a operadora, “amais de optar a máis e mellores produtos converxentes, sempre con televisión e 4G, polo mesmo prezo e mesmo menos do que viñan pagando con anterioridade”. Telefónica anuncia tamén o lanzamento de novos paquetes de servizos integrados e converxentes -fixo, móbil, fibra e Televisión- que substitúen aos que existían con anterioridade. Isto implica que a partir de agora e desde 42 euros ao mes, IVE incluído, os clientes poderán gozar de Movistar Fusión TV. Segundo explica a operadora, os paquetes que integran tódolos servizos de Movistar con 10 Mbps serán a partir de xa Movistar Fusión TV Contigo, a un prezo de 42 euros (incluído IVE); Para Todos, a 60 euros; Enerxía, cun prezo de 68 euros; Fútbol, a un custo de 75 euros; e Total a 95 euros.
Pola contra, se o cliente selecciona a opción de fibra de 100 Mbps, os prezos serán de 54 euros, incluído IVE, para Movistar Fusión TV Contigo; 72 euros na opción Para Todos; 80 euros se leva o paquete Enerxía; 87 euros se leva todo o Futbol; e 107 euros se o cliente quere Total ou o tres paquetes anteriores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?