Movistar subirá os MMS ata un 257%

mércores, 6 de febreiro do 2008

A asociacións de consumidores, coma FACUA e FUCI, amosan o seu malestar pola suba das tarifas das mensaxes multimedia por parte de Telefónica Móviles ata un 257% a partir do 1 de marzo, de xeito que pasan dos 0,28 euros + IVE (dentro da mesma operadora) e 0,55 euros + IVE (a clientes doutras compañías) a 1 euro (sen discriminación de destino).
Movistar tamén cambia as súas tarifas de conexión á Internet a través de Emoción, que viña a custar 0,50 euros + IVE e que se verá dobrado, pasando a cobrar 1 euro/día ata un consumo de 10 Mbytes (cobrándose 1 euro por cada 10 Mbytes adicionais).

PUBLICIDADE