Mr Misto proxecta en Santiago A Rosa dos Ventos con tecnoloxÃa de Alta Definición
xoves, 12 de xullo do 2007
O Auditorio de Galicia acolleu o pasado mércores 11 a presentación da curtametraxe Rosa dos Ventos, do santiagués Jairo Iglesias, a primeira peza galega destas caracterÃsticas que se proxecta con tecnoloxÃa de Alta Definición, concretamente co sistema 1090i, segundo informa a produtora Mr Misto Films. O obxectivo era o seguinte: conseguir que os preto de 200 asistentes á estrea gozasen coa calidade intrÃnseca da peza e, a maiores, cunha claridade de imaxe nunca antes vista na proxección dunha curta. Asemade, a intención de Mr Misto con esta iniciativa é implantar paseniño este sistema na súa rede de distribución e nas estreas dos seus produtos.