Multa aos fabricantes de chips de memoria por pactar prezos

mércores, 19 de maio do 2010

A Comisión Europea impuxo unha sanción de 331 millóns de euros a Samsung, Hynix, Infineon, NEC, Hitachi, Mitsubishi, Toshiba, Elpida, Nanya e Micron por concertar os prezos dos chips DRAM para vendelos aos fabricantes de ordenadores, aínda que poderán gozar dunha redución do 10% da multa se recoñecen a súa culpa.
A compañía sobre a que recaeu a meirande parte da sanción foi Samsung (145 millóns de euros) pois tal cantidade depende das vendas das empresas na Unión Europea.

PUBLICIDADE