Mundos Digitales celebra unha sesión especial sobre Game of Thrones
mércores, 11 de outubro do 2017
Dende hai 16 anos A Coruña alberga un congreso internacional
que acolle a profesionais da animación por ordenador, a realidade virtual, os
efectos visuais, a arquitectura dixital, os videoxogos e tecnoloxÃas próximas, Mundos Digitales, pero este referente
europeo do sector non se limita ás súas xornadas formais no recinto de PALEXCO,
senón que o vindeiro luns celebrarán no Centro Cultural Conde Duque de Madrid
unha sesión
especial de Game of Thrones, na
que 14 dos máis destacados profesionais do estudio de efectos visuais El Ranchito ensinarán en exclusivo os
trucos e segredos empregados para os efectos visuais da última tempada da serie
de televisión estrela da HBO.
Os profesionais presentes detallarán as etapas de investigación, desenvolvemento
técnico e artÃsticos, asà como a produción realizada para levar á pantalla a
personaxes tan emblemáticos como son os camiñantes brancos e os dragóns.
A sesión completarase coa presentación de Simple
Animation, un estudio de animación virtual baseado na nube, con hardware,
software e un completo pipeline de
animación de balde que quere revolucionar a industria; e tamén aproveitarase a
xornada para dar conta da nova visión de Mundos Digitales, asà como as
novidades que achegará o evento na súa edición de 2018.

- Os efectos visuais de Game of Thrones centrarán a sesión organizada por Mundos Digitales en Madrid
