MySpace achegarase ós móbiles

mércores, 26 de setembro do 2007

MySpace anunciou que estaban a preparar unha serie de servizos para móbiles financiados mediante publicidade de xeito que os seus usuarios poderían recibir mensaxes, comentar fotografías, escribir en boletíns, actualizar blogs, atopar amigos e actualizar o seu estado de ánimo dende os seus terminais telefónicos, co que pretenden espallar as posibilidades de acceso ó portal social de News Corp.
Achegar o acceso móbil a MySpace permitirá que os usuarios se reflictan mellor na Internet grazas a que poden acceder á mesma dende calquera lugar.

PUBLICIDADE