MySpace incorpora a gravación de vÃdeos dende webcam
venres, 12 de setembro do 2008
A rede social MySpace incorporou ao seu servizo a posibilidade de gravar e publicar vÃdeos directamente, sen ter que utilizar aplicacións intermedias, valéndose directamente de cámaras web (que hoxe en dÃa incorporan moitos equipos de serie). Gravar os vÃdeos para a súa publicación inmediata na Internet xa era algo posible en servizos coma YouTube, pero dende MySpace pretenden situar esta función na súa rede social de xeito que facilitará a videoblogueiros, músicos artistas e calquera outro usuario a comunicación cos seus seguidores.
