Nace a escola para profesionais tecnolóxicos The Key
mércores, 3 de xullo do 2024
The Key, a escola para profesionais do sector tecnolóxico impulsada polo Grupo Nortempo, presentouse hoxe na Cidade das TIC, nun evento que contou coa presenza da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello da Coruña.
Esta escola de empregabilidade está dirixida a perfÃs tecnolóxicos que queiran dar o salto e especializarse en áreas de elevada cualificación e que contan cunha gran demanda empresarial, sendo «unha aposta polo talento TIC para transformar o noso tecido produtivo», en palabras do presidente de Grupo Nortempo, Bartolomé Pidal, quen asegura que a escola «nace dun exercicio de reflexión tras escoitar as necesidades das empresas galegas ante a escaseza de talento no sector tecnolóxico».
The Key ofrece os seus tres primeiros programas formativos, Enxeñeiro/a de Intelixencia Artificial Xenerativa, Analista de Ciberseguridade e Arquitecto/a Cloud AWS, cun formato único no sector: aprendizaxe intensiva, 100% práctica, con clases impartidas por profesionais en activo e itinerarios formativos desenvolvidos con empresas do sector e orientados ao rendemento empresarial. E cunha clase presencial cada semana, na Cidade das TIC da Coruña.
No evento de presentación, participaron Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta, Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña, e Rosa Ana GarcÃa López, deputada provincial e responsable das áreas de Industria, Emprego, PolÃtica Demográfica e Medio Ambiente na Deputación da Coruña.
Zeltia Lado puxo o foco na relevancia do sector TIC en Galicia, con 3.100 empresas que representan o 4,7% do total das españolas, destacando a necesidade de «impulsar o binomio entre capacitación e formación», como fai a Xunta.
A representante da Deputación da Coruña quixo felicitar aos responsables desta iniciativa por «impulsar esta formación que pasará a ser referencia en Galicia pola súa especifidade». Rosa Ana GarcÃa finalizou destacando que esta iniciativa complementa os servizos da Cidade das TIC, que xa conta con espazos para o asentamento de empresas, para a investigación e, moi cedo, co plató virtual Coruña Estudio Inmersivo (CEI) impulsado pola Deputación da Coruña.
O concelleiro coruñés Juan Ignacio Borrego destacou o potencial da cidade como referente TIC internacional, incidindo no papel que pode ter The Key neste cÃrculo de innovación coa AESIA e a Cidade das TIC.
A continuación, celebrouse unha mesa redonda sobre o impacto da IA no desenvolvemento empresarial e profesional galego, moderada por Antonio RodrÃguez del Corral, presidente do Clúster TIC de Galicia, e coa participación de Alfonso MartÃnez, director da Cidade das TIC; a investigadora en IA de CITIC-UDC, Amparo Alonso; o presidente de Altia, Tino Fernández e Javier MartÃnez, director académico de IA en The Key.
Na introdución da mesa, RodrÃguez del Corral identificou a «dificultade de atopar talento e fidelizalo é un dos grandes retos das compañÃas, e tres de cada catro recoñece ter problemas para contratar profesionais, sobre todo no sector TIC», cuestión na que coincidiron todos os participantes, que tamén analizaron a relación empresa-universidade, os cambios que a IA trae ao mercado de traballo e o seu impacto en contornos profesionais.
Amparo Alonso fixo fincapé na capacidade de adaptación precisa para a formación no ámbito da intelixencia artificial e do sector TIC en xeral, xa que é un eido que se move a grande velocidade, polo que supón todo un reto formar aos profesionais do futuro.
Javier MartÃnez, adiantou a orientación que queren dar á formación tecnolóxica en The Key, unha proposta hÃbrida principalmente práctica, que impartirá as súas actividades presenciais na Cidade das TIC.
Alfonso MartÃnez lembrou os esforzos na creación da Cidade das TIC e o Centro de Servizos Avanzados nos que tivo lugar o evento de presentación de The Key.