Nace castrenor.com, un proxecto que dá a coñecer os castros da beira do Miño
luns, 9 de abril do 2007
Co obxectivo de contribuÃr ó coñecemento e á divulgación das raizames históricas de Galicia e do Norte de Portugal (territorios curmáns que teñen en común longos anos de tradicións), naceu Castrenor, un proxecto europeo que permitiu desenvolver unha web na que se recolle completa información sobre os castros existentes en distintos puntos desta eurorrexión.
Deste xeito, en castrenor.com podemos atopar detallados contidos sobre os xacementos castrexos visitables de Galicia e Portugal, nun proxecto que promove o coñecemento do patrimonio cultural común ós bordes do rÃo Miño, no que participa a ConsellerÃa de Cultura e institucións portuguesas.
