Nace o estándar RSL para licenciar contidos para a IA
mércores, 10 de setembro do 2025
Reddit, People Inc., Yahoo, Internet Brands, Ziff Davis, Fastly, Quora, O’Reilly Media e Medium son algunhas das primeiras compañÃas en apoiar o novo estándar Really Simple Licensing (RSL), que desde hoxe está dispoñible de balde para calquera web e que busca definir termos de licenza, uso e compensación para rastrexadores e axentes de intelixencia artificial.
A proposta pretende ofrecer un sistema de compensación estandarizado para editores e creadores, á vez que simplifica o proceso de licenzas para as empresas de tecnoloxÃa e IA. Inspirado no RSS (Really Simple Syndication), o RSL preséntase como un protocolo aberto e descentralizado que pode aplicarse a todo tipo de contidos dixitais, desde páxinas web ata libros, vÃdeos ou bases de datos. «RSS foi crÃtico na evolución do ecosistema informativo de Internet, ofrecendo un estándar aberto que permitiu aos primeiros editores en liña chegar a audiencias masivas. Mais hoxe, cando os sistemas de IA absorben e reutilizan eses contidos sen permiso nin compensación, é necesario actualizar as regras», sinalou Tim O’Reilly, director xeral de O’Reilly Media. «RSL constrúe directamente sobre o legado do RSS e achega a capa de licenza que lle faltaba á Internet da era da IA».
Fronte ás limitacións do tradicional robots.txt, que só permite aceptar ou bloquear o acceso, o RSL engade unha infraestrutura de licenzas que posibilita definir condicións de uso e tarifas automáticas. As opcións inclúen modelos de licenza gratuÃta, con atribución, por subscrición, por visita de rastrexador (pay-per-crawl) ou por resposta xerada (pay-per-inference).
A evolución do estándar está dirixida polo RSL Technical Steering Committee, no que participan figuras clave como Eckart Walther (coautor de RSS), RV Guha (Schema.org, NLWeb), o propio Tim O’Reilly, Stephane Koenig (Yahoo) e Simon Winslow (Fastly).
En paralelo, a creación do RSL Collective procura replicar no mundo editorial o papel que entidades como ASCAP ou BMI teñen na música: agrupar dereitos para mellorar a capacidade de negociación e establecer prezos de mercado xustos fronte ás empresas de IA. A adhesión ao colectivo é gratuÃta e non exclusiva, de modo que calquera creador ou editor pode sumar a súa voz para reforzar a posición do conxunto.
Tanto o estándar RSL como o RSL Collective teñen como misión recuperar valor para a creatividade humana no contexto da IA, establecendo un marco técnico e xurÃdico que garanta recoñecemento e compensación xusta a millóns de editores e creadores en todo o mundo.
