Napster ofrece máis de 6 millóns de cancións en MP3 sen protección DRM

martes, 20 de maio do 2008 Marcus Fernández

A transformación de Napster dunha rede P2P a unha tenda de música en liña parece prosperar, resultando especialmente atractivo o seu último paso, que sería a oferta do seu catálogo de máis de 6 millóns de cancións en formato MP3 sen protección DRM, o que evitaría os atrancos que normalmente atopa o usuario ao adquirir música legalmente mediante descargas.
Esta novidade viría coa versión 4.5 de Napster, e os temas se venden aos estándares 99 centavos, e incluso se poden realizar as compras vía web (o que faría multiplataforma esta tenda en liña) pero haberá que agardar un pouco para ver estas ofertas globalmente, pois polo momento se limitan aos EE.UU., se espallará paulatinamente por outras tendas que ten Napster na actualidade (en Reino Unido, Canadá, Alemaña e Xapón) e finalmente podería abrir novos mercados.
As compras de temas a 99 centavos inclúe un ficheiro en formato MP3 de 256 Kbps (o que é unha calidade máis que razoable) e a portada do seu disco correspondente a un tamaño coma mínimo de 1.000 x 1.000 píxeles; esta oferta se complementa co servizo To Go, que permite subscricións mensual nas que os ficheiros descargados serían WMA con DRM, de xeito que os temas descargados de xeito ilimitado caducarían de non renovar o servizo.