Netflix pecha un acordo de compra por Warner Bros.
venres, 5 de decembro do 2025
Netflix revoluciona a industria audiovisual ao anunciar un acordo definitivo para adquirir Warner Bros., incluÃndo os seus estudios de cine e televisión, HBO e HBO Max, nunha operación valorada nun total de máis de oitenta mil millóns de dólares. A transacción, que combina efectivo e accións, supón unha valoración de 72 mil millóns de dólares en capital e está condicionada á separación previa de Discovery Global, prevista para o terceiro trimestre de 2026. O sorprendente deste anuncio é que chega só unhas poucas horas despois de que se anunciase que a compañÃa de Reed Hastings era a última que quedaba no proceso de negociación.
A compañÃa de streaming integrará asà un século de producións icónicas no seu catálogo global. Entre os tÃtulos que pasarán a formar parte do universo Netflix figuran referencias como The Big Bang Theory, Los Sopranos, Game of Thrones, O Mago de Oz ou o universo DC, que se sumarán a éxitos propios como Miércoles, La Casa de Papel, os Bridgerton ou Adolescence. Netflix manterá as operacións actuais de Warner Bros. e continuará apostando pola distribución en salas de cine.
«A nosa misión sempre foi entreter o mundo», afirmou Ted Sarandos, co-consejero delegado de Netflix. «Ao combinar o incrible catálogo de Warner Bros., desde clásicos como Casablanca ou Ciudadán Kane ata favoritos modernos como Harry Potter ou Friends, coas nosas creacións máis culturais, como Stranger Things, Las guerreras K-pop e El Juego del Calamar, poderemos facelo aÃnda mellor. Xuntos ofreceremos máis do que a xente ama e contribuiremos a definir o próximo século de narración audiovisual».
O tamén co-conselleiro delegado Greg Peters subliñou que esta integración «mellorará a oferta e acelerará o negocio durante décadas». Engadiu que «Warner Bros. definiu o entretemento durante máis dun século e continúa facéndoo grazas ao seu talento creativo e ás súas capacidades de produción. Coa nosa presenza global e o noso modelo probado, poderemos achegar os seus mundos a un público máis amplo, reforzar a industria e crear máis valor para os accionistas».
David Zaslav, presidente e conselleiro delegado de Warner Bros. Discovery, celebrou o acordo asegurando que «combina dúas das maiores compañÃas de narración do mundo para levar a máis persoas o entretemento que máis aman ver». Destacou ademais que Warner Bros., ao longo de máis de cen anos, «emocionou públicos, captou a atención mundial e moldeou a cultura».
O acordo promete máis elección e valor para os consumidores grazas á incorporación dos grandes catálogos de Warner Bros. e da programación de HBO e HBO Max. Para o sector creativo, prevese un incremento nas oportunidades de traballar con franquÃas de grande peso, desenvolver novas historias e chegar a audiencias máis amplas. Netflix estima tamén expandir a capacidade produtiva nos Estados Unidos e aumentar o seu investimento en contidos orixinais, contribuÃndo asà ao fortalecemento da industria audiovisual.
Desde o punto de vista financeiro, a compañÃa calcula aforros anuais de entre dous e tres mil millóns de dólares a partir do terceiro ano, e prevé que a operación incremente o beneficio por acción segundo os estándares GAAP a partir do segundo ano tras o peche. Cada accionista de Warner Bros. Discovery (WDB) recibirá 23,25 dólares en efectivo e o equivalente a 4,50 dólares en accións de Netflix por tÃtulo, nun esquema suxeito a un mecanismo de axuste en función do prezo medio ponderado das accións de Netflix nos dÃas previos ao peche.
A operación foi aprobada por unanimidade polos consellos de administración de ambas compañÃas e queda pendente das autorizacións reguladoras, da aprobación dos accionistas de WBD e doutras condicións habituais. O peche definitivo espérase nun prazo de entre 12 e 18 meses.
