Netflix reforza as súas historias interactivas cun episodio especial de Black Mirror
luns, 31 de decembro do 2018
Hai ano e medio Netflix
estreou un formato de historias interactivas comezando polas series de
animación de El Gato con Botas: Atrapado
en un cuento épico e Buddy
Thunderstruck: La lista de quizá, que permiten que os usuarios elixan o camiño
polo que transcorren as narracións na liñas dos libros de Elige tu propia aventura (publicados en España por Timun Mas nos
anos 80), e aÃnda que as pezas audiovisuais interactivas non sexan unha grande
novidade (de feito, eran bastante frecuentes nos DVD dirixidos a cativos e
incluso deran pé a videoxogos na época dos LaserDisc), están a conseguir grande
visibilidade grazas á última
entrega da serie Black Mirror,
titulada Bandersnatch.
Esta nova produción preséntanos a un programador que en 1984 está a adaptar
unha novela de fantasÃa a un videoxogo mentres comeza a cuestionar a realidade,
levándonos a unha narración con múltiples finais (12
finais absolutos e outros 4 que permiten desfacer a última acción). Cómpre
advertir de que a interacción dos episodios non é posible en todos os dispositivos
capaces de reproducir Netflix, estando tal funcionalidade preparada
principalmente para dispositivos móbiles, o que creou bastante frustración
entre os espectadores, que toparon como non podÃan gozar da experiencia en
Apple TV, Chromecast, Fire TV Stick, a aplicación para Windows ou nalgunha das
versións da web de Netflix (as baseadas en Silverlight).
Pero os creadores de Black Mirror non
quixeron limitar a interacción á elección de camiños na historia, senón que
tamén apostaron polo transmedia, e
crearon a páxina web da suposta compañÃa
de videoxogos de Bardersnatch,
Tuckersoft, na que podemos atopar os seus distintos xogos, e incluso ofrece
a posibilidade de descargar
o xogo Nohzdyve para poder xogalo
nun emulador de ZX Spectrum.
Temos asà unha peza audiovisual que quere deixar pegada, polo que o seu
lanzamento estivo bastante coidado e arroupado para dar que falar e espertar a
curiosidade sobre as posibilidades das historias interactivas que as plataformas
dixitais teñen moitas facilidades para explotar no futuro, de xeito que a
ficción televisiva e os videoxogos poden estar cada vez máis preto.