Nokia e O2 colaborará no lanzamento da plataforma Ovi
mércores, 10 de outubro do 2007
A filial británica de Telefónica, O2,
está a traballar con Nokia para acelerar a introdución e espallamento de novos
servizos de Internet nos móbiles, de xeito que a operadora será a primeira
en introducir terminais móbiles con acceso ó portal e á plataforma multimedia
de Nokia Ovi. Este
acceso será doado para os usuarios xa que se personalizará o menú dos terminais
de O2 con estes novos servizos.
O pacto de colaboración entre as dúas empresas tamén inclúe a cooperación na
facturación, e serve de exemplo de cómo as operadoras non teñen por qué pór
atrancos ó lanzamento de novas plataformas de contidos.