NotebookLM mellora a súa face sonora permitindo consultas mediante voz
venres, 13 de decembro do 2024
Un dos experimentos con IA de Google máis interesantes é NotebookLM, que inicialmente presentábase como unha ferramenta para axudar a escribir mediante IA, achegándolle ao sistema principalmente documentación de referencia sobre a que traballar, pero que nos últimos meses foi evolucionando até sorprender con prestacións como a posibilidade de xerar de xeito automático un podcast bastante natural cun par de persoas falando sobre a materia achegada, converténdose nun xeito moi atractivo de introducirse nun contido especÃfico.
Esta ferramenta non cesa de mellorar, e agora, á vez que está a integrar a versión experimental de Gemini 2.0 Flash, anuncian que está a renovar a súa interface, que ofrecerá unha versión Plus (de pagamento) para os usuarios que precisen lÃmites de uso máis elevados e, como novidade máis impresionante, a posibilidade de interactuar directamente cos presentadores de IA dos podcasts, de xeito que durante a súa disertación poderemos interrompelos para realizar unha pregunta, que responderán como se chegase dun espectador, o que pode resultar moi práctico para ter máis detalles dun asunto ou pedir unha explicación dun xeito diferente, polo que serÃa algo semellante a contar cun profesor personalizado.
VÃdeo de demostración do novo xeito de interactuar cos contidos que ofrece NotebookLM