NotebookLM permite crear resumos sonoros en galego
martes, 29 de abril do 2025
A ferramenta para axudar a escribir mediante IA de Google, NotebookLM, abraiaba ao mundo hai uns meses ao facilitar a creación de resumos sonoros dos contidos que lle indicásemos nun formato semellante ao dun podcast a dúas voces, o que podÃa resultar para dixerir contidos un tanto densos.
Agora van un paso máis aló, e a función de resumo sonoro pasa de estar dispoñible unicamente en inglés a funcionar en máis de 50 linguas, entre as que non fallan o español, o portugués, o catalán, o éuscaro e o galego. Para gozar de tal función chega con premer en Configuración e seleccionar o Idioma de saÃda, para logo darlle a xerar un Resumo de audio para que, pasados uns minutos, poidamos escoitar unha conversa na que se comentan detalles da temática sobre a que queremos afondar.
Temos aquà unha ferramenta capaz de facer a información en distintos idiomas, formatos e fontes en máis accesible para case calquera.
- NotebookLM permite, por exemplo, combinar unha serie de fontes informativas sobre a apagada do pasado luns e crear unha conversa sobre o tema
VÃdeo no que podemos escoitar un resumo sonoro sobre a apagada do pasado luns
VÃdeo no que presentan a ampliación de linguas nos resumos sonoros de NotebookLM