Nothing Chats adÃa o seu lanzamento por problemas de seguridade
luns, 20 de novembro do 2023
O anuncio de que o
pasado venres os
usuarios de móbiles Nothing Phone (2) poderÃa comezar a utilizar a aplicación
Nothing Chats que facilitarÃalles intercambiar mensaxes de xeito nativo con
usuarios de iPhone provocou bastante rebumbio e unha grande preocupación pola
seguridade do método empregado para conseguir tal, xa que a solución empregada
baséase en Sunbird, unha plataforma que consegue o impresionante logro
utilizando unha granxa de ordenadores Mac mini, ou sexa, que os usuarios teñen
unha sesión iniciada nun ordenador alleo para poder intercambiar mensaxes con
usuarios de iOS.
Non foron poucos os que puxeron a aplicación baixo a lupa, e atoparon prácticas
moi preocupantes por parte de Sunbird, compañÃa que pese a asegurar que contaba
con certificación de seguridade sobre o tratamento de datos, na práctica estaba
a descoidar os datos intercambiados polos usuarios, até o punto de nin sequera empregar
métodos de transferencia de datos seguros.
Incluso hai expertos de seguridade que aseguran que é posible acceder
a todos os ficheiros que se intercambian a través de Sunbird, advertindo de
que realmente é imposible que a aplicación proposta poida funcionar dun xeito
seguro, e incluso chegan a suxerir que dende Sunbird mentiron
a Nothing ao asegurar que as comunicacións que empregaban estaba cifradas
de extremo a extremo.
Dende Nothing aseguran que retiraron Nothing Chats da tenda de aplicacións para
Android, e que adÃan
o seu lanzamento até que Sunbird corrixa os numerosos fallos de seguridade,
algo que non parece que poida ser posible, pois non estamos ante erros de
código, senón ante un concepto que non parece poder sustentarse de xeito
seguro, e suporÃa sempre un risco inaceptable para calquera usuario.