O Nothing Phone (2) poderá intercambiar nativamente mensaxes cos iPhone
martes, 14 de novembro do 2023
Os
smartphones da marca Nothing son bastante rechamantes, polo seu deseño distintivo,
e coa súa
segunda xeración quixeron pasar a competir cos móbiles de gama alta, vendéndose
a un prezo que está entre os 649 e os 799 euros, de xeito que segue a ser unha
opción moito máis económica que un iPhone, e para facer aÃnda máis atractiva
esta proposta anuncian que esta serie de móbiles vai recibir este
venres a aplicación Nothing Chats, que tenderá pontes cos usuarios de
iPhone.
Con Nothing Chats permitirán
que os usuarios deste móbil con Android poidan intercambiar mensaxes de xeito
nativo con usuarios de iPhone, ou sexa, que dentro da aplicación de Mensaxes de
Apple as súas mensaxes xa non aparecerán con fondo verde, senón que lucirán o fondo
azul propio das comunicacións con outros dispositivos de Apple, asà como tamén
permitirán intercambiar imaxes e vÃdeo sen problemas, saltando o xardÃn valado
da compañÃa de Cupertino.
Esta nova aplicación é realmente unha versión personalizada de Sunbird, aplicación que presume de ser o
iMessage de Android, e segundo comentan, o que fai realmente é abrir unha
sesión de usuario nunha granxa de servidores Mac mini, o que permite empregar
de xeito nativo a mensaxerÃa de Apple, detalle que pode verse como un serio
problema de seguridade (se realmente empregamos un identificador de Apple para
algo máis que as mensaxes). Cómpre salientar que os servidores de Sunbird parecen
ser respectuosos coas normas de protección de datos internacionais, pois comentan
que empregan servidores nos EE.UU. para usuarios ao outro lado do Atlántico e
en Europa para usuarios no noso territorio.
O creador de contidos Marques
Brownlee preguntou ao fundador de Nothing, Carl Pei, como pensaba que serÃa a
reacción de Apple ante Nothing Chats e recibiu como resposta que non esperaba
reacción de ningún tipo. De feito, dá a impresión de que Nothing ousou lanzar
este servizo para os seus clientes ante as presións que está a recibir Apple polas
súas prácticas anticompetitivas, e incluso existe a posibilidade de que en
poucos meses teñan que abrir a súa mensaxerÃa a aplicacións como WhatsApp ou
Telegram (de feito, WhatsApp e Telegram serán interoperables), polo que unha
reacción agresiva por parte de Apple poderÃa xogar na súa contra fronte aos
reguladores de varios paÃses.
VÃdeo no que Carl Pei anuncia Nothing Chats