Nova videocámara compacta 3D

martes, 22 de xuño do 2010 Marcus Fernández

As 3D comezan a petar duro na electrónica de consumo, e mentres a Nintendo 3DS non achega a experiencia a un público masivo, Hammacher Schlemmer incorpora ao seu catálogo «a única cámara de vídeo que grava vídeo en tres dimensións e subministra unha experiencia real de visión estereoscópica» combinando 2 sensores de imaxe de 3 Mpíxeles separados lixeiramente para simular a visión humana, rexistrando tanto imaxes 3D coma vídeos AVI cunha resolución de 640 x 480 píxeles en tarxetas de memoria SD.
Para poder visualizar as imaxes e os vídeos en 3D, a videocámara de Hammacher Schlemmer conta cunha pantalla TFT de 3,25 polgadas que non precisa de lentes especiais, ao igual que co reprodutor multimedia incluído, que conta cunha pantalla de 7 polgadas (con altofalantes e conector para auriculares).
O prezo desta cámara é de 599,95 dólares (486,60 euros) e sairá á venda o vindeiro 2 de xullo.

PUBLICIDADE