Nova web para instar á responsabilidade social das empresas

martes, 7 de agosto do 2007

Iniciativas Bettina & Carbó S.L. lanza a web Socialmenteresponsable.com creando así “un espazo para compartir prácticas responsables no mundo empresarial e favorecer a implicación das empresas en proxectos sociais adaptados ás súas posibilidades”.
As súas responsables, Beatriz Valdivia e Lourdes Carbó, pretenden crear así unha ferramenta para a xestión empresarial para quen queira iniciarse na responsabilidade social corporativa, servindo para atopar asesoramento e información para que as empresas sexan un exemplo de responsabilidade.

PUBLICIDADE