Novo libro de deseño de moda por ordenador

mércores, 2 de abril do 2008 Marcus Fernández

En 2002 a deseñadora luguesa Anna María López escribiu o libro Diseño de Moda por Ordenador, que recibíu unha boa acollida, polo que a editorial ANAYA Multimedia lle solicitou unha segunda edición renovada que inclúe os avances dos últimos anos, e se concreta en Técnicas de diseño de moda por ordenador, que coas súas 400 páxinas constrúe unha «ferramenta definitiva e imprescindible para a aprendizaxe das técnicas de deseño de moda por ordenador».
O libro inclúe un CD-ROM con material exclusivo no que se recollen numerosos arquivos prácticos, máis de 300 cliparts profesionais de prendas de vestir e numerosos figuríns técnicos en formato vectorial listos para deseñar moda de home, muller e neno. Tamén recolle os deseños gañadores e finalistas do Concurso Internacional de Deseño de Moda por Ordenador.
Esta nova obra de referenza xa está á venda por 47,50 euros.

PUBLICIDADE