Novo número da nosa edición impresa

martes, 9 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XXV Noite Galega das Telecomunicacións. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Televés e o Concello de Santiago impulsan un proxecto de iluminación intelixente
– O CITIC acolleu profesionais da telemática de todos os recantos de España nas xornadas JITEL
– O ILG e o CiTIUS colaborarán para facer realidade o Proxecto Nós
– O CPETIG reivindica o papel das mulleres tecnólogas no audiovisual Marxe de erro
– A Xunta aproba un acordo marco para mobilizar 30 millóns en solucións avanzadas
– O corazón dixital de Galicia duplicará as súas capacidades cun novo Data Center
– As deputacións da Coruña e Lugo apoian ás pemes na súa transformación dixital
– FEUGA remata con éxito de participación os seus Galicia Innovation Days
– As operadoras comparten con nós as súas principais novidades galegas en despregamento
– Dous certames enchen as redes de contidos en galegos: Galetiktokers e Youtubeiras
– O noso audiovisual faise forte nas principais plataformas
– Política Lingüística avoga por dotar ao Galego de “vida tecnolóxica plena”
– O MUVI de Cangas amplía horario e achégase á cidadanía
– O Mes Ciencia en Galego inclúe obradoiros nas bibliotecas sobre robótica e científicas

PUBLICIDADE